XesGalicia activa 'Liña de transformación', un novo programa de financiación para a reactivación de empresas no Covid19

martes, 20 Abril, 2021 - 18:30
  • XesGalicia pon en funcionamiento o seu novo programa financieiro, 'Liña de Transformación', dotado con 30 M€, para acercar apoios financieiros e contribuir á reactivación das empresas no contexto económico actual marcado pola covid-19.

XesGalicia pon en funcionamento dun novo programa financeiro denominado Liña de Transformación, dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19.

En concreto, a Liña de Transformación incidirá no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria. As operacións formalizadas, cuxo importe oscilará entre 1 e 5 M€, poderán ser en forma de capital ou préstamo participativo. As empresas beneficiarias terán que elaborar un Plan estratéxico que recolla as súas aspiracións e inclúa tanto medidas específicas como un calendario de aplicación.

Esta iniciativa enmárcase dentro das recomendacións realizadas polo Comité de expertos económicos que asesora á Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia.

Liña de transformación
Categoría: