Aviso Legal

Condicións xerais de utilización da páxina web de XesGalicia

O presente aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do sitio web (http://www.xesgalicia.org), en diante "o sitio web", do que é titular XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., en adiante, “XesGalicia”.

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos do sitio web. Se é o caso, a utilización de tales servizos significará a aceptación das condicións particulares que lles sexan aplicables.

Propiedade intelectual e industrial sobre os contidos da páxina

Deseño e logos

A estrutura do sitio web, o seu deseño e o código fonte desta, así como os logos e marcas que nela se inclúen, son titularidade de XesGalicia e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.

Non se poderán realizar actos de reprodución, modificación, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos sen o previo consentimento por escrito de XesGalicia.

Contidos

Todos aqueles contidos incluídos no sitio web son titularidade de XesGalicia e están suxeitos á licenza particular que os acompaña. Autorízase a reprodución, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos nos termos indicados en cada licenza particular.

No caso de que un contido non estea acompañado dunha licenza particular, queda autorizada a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación deste, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

» Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido.
» O usuario queda obrigado en todo caso a citar a fonte dos contidos.
» O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos contidos.

Disposicións comúns

XesGalicia non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.

Está absolutamente prohibido o uso do sitio web ou dalgún dos seus elementos con fins ilícitos.

Protección de datos de carácter personal

O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.

Se ben no caso de que o usuario cumprimente de forma voluntaria os formularios do sitio web www.xesgalicia.es, aos efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos aos usuarios:

- Que a información proporcionada na sección “presenta o teu proxecto” o “contacto” ten como finalidade a de atender a súa consulta, suxerencia e/ou proposta de investimento.

- Os responsables do tratamento cumpren íntegramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente ao fin citado anteriormente estando lexitimadas polo consentimento que expresamente se otorgou ao aceptar esta política de privacidade.

Podrá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos dirixíndose:

- Por correo postal a Xesgalicia S.G.E.I.C., S.A.U., Rúa Ourense, 6, 15701 - Santiago de Compostela

- Por correo electrónico á dirección xesgalicia@xesgalicia.org

Este Website pode conter enlaces a páxinas externas sobre as cales XESGALICIA non se responsabiliza nin da calidade, fiabilidade, exactitude e/ou veracidade dos servizos, informacións, elementos e/ou contidos aos que remite ou recomenda xa que entiende, salvo declaración da autoridade competente en contrario ou notificación ou requerimento de terceiros que XESGALICIA  verifique, que é lícita e que non lesiona bens ou dereitos de un terceiro susceptibles de indemnización. Se algún dos usuarios da páxina entende que a información á que se accede pola mesma é ilícita ou lesiva para os seus bens e dereitos rógase o comunique mediante correo a xesgalicia@xesgalicia.org, para que o mesmo suprima ou inutilice o enlace correspondente.

Asimesmo non se garantiza o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos na Web, que poden verse impedidos, dificultados, ou interrumpidos por factores fora do seu control.

XESGALICIA non será responsable das opinións vertidas por usuarios na Web, a través de calqueira das súas aplicacións, nin da licitude, fiabilidade, veracidade o exactitude das informacións que se presten a través do portal por terceiras persoas alleas ao portal.

Sen perxuizo do antes sinalado, garantízase que todos os servizos prestados a través do portal serán contratados cos seus lexítimos titulares, respetando a legalidade vixente e o Ordenamento Xurídico español.

Utilización de Cookies

O sitio web de XesGalicia utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor de XesGalicia envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal e desaparecen ao rematar a sesión do usuario.

En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Modificacións

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, XesGalicia resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outra condición particular.
Exclusión de responsabilidade

XesGalicia non se responsabiliza dos eventuais erros tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web, nin da exactitude da información contida nel.