
XesGalicia

Funds menu QUIENES SOMOS
XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.
XesGalicia é unha sociedade mercantil pública autonómica da Xunta de Galicia, adscrita á Consellería de Economía e Industria, sendo os seus obxectivos apoiar o crecemento do tecido empresarial galego, impulsar o desenvolvemento e a consolidación económica e industrial de Galicia, así como fomentar o emprendemento e a innovación. Por iso, dende hai dúas décadas, XesGalicia xestiona diversas entidades de capital risco especializadas en función de cada tipoloxía de empresa ou proxecto.
Os factores que nos diferencian son o noso carácter público, a profesionalidade do noso equipo, o marcado foco das nosas políticas de investimento e a solidez institucional dos partícipes nas entidades de capital risco que xestionamos.
Con estes alicerces, e considerando o período 2022-2022, aprobamos novas operacións en favor de máis de 50 proxectos e por un volume agregado superior aos 35 millóns de euros, apoiando desta forma a actividade produtiva de empresas galegas. Así mesmo, cabe destacar que desde fai varios exercicios vimos participando activamente en varios programas de financiamento ao emprendemento, tanto de tipo vertical como horizontal, os cales obtiveron numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.
O financiamento ás novas iniciativas empresariais de recente creación volve ser, no curto prazo, un dos nosos grandes obxectivos, para o que ampliamos a nosa colaboración en novos programas de apoio ao emprendedor. Ademais, seguimos poñendo á disposición das empresas galegas, ou daquelas que desexen desenvolver unha actividade económica en Galicia, fondos especialmente orientados ao apoio á modernización do tecido produtivo a través da súa transformación dixital, á innovación ou á internacionalización, unha colaboración dirixida tanto a grandes corporacións empresariais como ás pemes.
Así mesmo, con respecto ás diferentes tipoloxías de operacións que podemos afrontar, contamos con produtos especialmente deseñados para o reforzo dos fondos propios das compañías, para facilitar o incremento do tamaño empresarial a través de operacións de fusións e adquisicións ou para facilitar a sucesión empresarial a través de diversas fórmulas, especialmente necesarias no caso das empresas familiares. En coherencia co anterior e no marco dos obxectivos de reactivación do tecido empresarial e da transformación e crecemento empresarial tras a crise da Covid-19, XesGalicia conta cunha liña de financiamento denominada “Liña de Transformación”, dotada con 30 millóns de euros.
Todo isto é posible grazas á principal fortaleza de XesGalicia, que non é outra que o seu equipo. Contamos con profesionais de primeiro nivel que aglutinan unha dilatada experiencia e un gran coñecemento no ámbito do apoio empresarial, e que contan ademais cunha visión transversal en múltiples sectores económicos, completando así o apoio que ofrecemos ás empresas en clave de financiamento.
Coa colaboración dos nosos partícipes, XesGalicia seguirá traballando nesta mesma liña para que o tecido empresarial galego gañe en dinamismo e competitividade.
Raquel Rodríguez Espiño
Directora xeral de XesGalicia
XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Pechado, S.A.U.
XesGalicia, a sociedade xestora de capital risco de Galicia, financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas.
Ademais, proporciona préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo ás empresas da súa carteira, facendo isto a través da xestión e administración de diversos fondos e empresas de capital risco específicos.
Requisitos: O único requisito común na revisión de investimentos é que sexan empresas non financieiras e os seus valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores, se ben existen requisitos adicionais para cada entidade xestionada relacionados coa súa estratexia de investimento específica.
Presenta o teu proxecto
Ponte en contacto co noso equipo e preséntanos o teu proxecto, enviando un correo electrónico ao enderezo inversiones@xesgalicia.org, describindo brevemente o teu proxecto e incluíndo a información que consideres (en formato .pdf, e cun tamaño máximo de 5 megas).
Especifica o teu sector de actividade, o domicilio social da túa empresa, en que fase se atopa a túa empresa (seed, early stage, expansión…) e cales son os eixos principais do teu plan de negocio.
Información básica de protección de datos
Xesgalicia tratará os teus datos persoais coa finalidade de atender as solicitudes presentadas no formulario sobre a túa proposta de investimento. Podes exercer os dereitos establecidos nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 nos enderezos que atoparás na información adicional. Máis información na nosa Política de Privacidade.
