Política de Privacidade

Xesgalicia, conforme á lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, pon en coñecemento dos usuarios da páxina web http://www.xesgalicia.org (en diante, a Páxina) a Política de Privacidade e Protección de Datos que aplicará no tratamento dos datos persoais que o Usuario facilite voluntariamente ao acceder á súa web.

O Usuario, ao proporcionarlle a Xesgalicia os seus datos de carácter persoal a través dos formularios electrónicos da Web, apartado de contacto, presentación de proxectos e Suxestións e queixas e, no seu caso, a través da marcación da correspondente marca de aceptación/enviar, consinte expresamente que Xesgalicia poida tratar eses datos nos termos desta cláusula de Política de Privacidade e Protección de Datos e para os fins aquí expresados.

Xesgalicia pon en coñecemento dos usuarios da Páxina, que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveran. Serán suprimidos cando deixaran de ser necesarios ou pertinentes para a devandita finalidade ou cando o solicite o titular no exercicio do seu dereito de supresión.

Xesgalicia manifesta o seu compromiso de cumprir coa lexislación vixente en cada momento en materia de protección de datos.

Os datos persoais facilitados serán tratados por Xesgalicia e usaranse de acordo coa seguinte información.

Que datos de carácter persoal recollemos e para que os usamos?

Datos recollidos de xeito directo: nome, apelidos e enderezo electrónico.

Datos recollidos de xeito indirecto mediante o uso de cookies: para estatísticas, para analizar o uso que se realiza da nosa Páxina e facilitar servizos de valor engadido como o mapa da localización das nosas oficinas.

Na táboa que lle amosamos a continuación encontrará información máis detallada sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal, incluíndose os seguintes epígrafes:

Finalidades principais: Identifícase con que finalidade precisamos recoller os seus datos, é dicir, porqué tratamos a súa información.

Lexitimación: Detállase o motivo que nos habilita para poder tratar os seus datos.

Prazos de conservación: Identifícase o prazo concreto de conservación ou os criterios que determinan dito periodo.

Destinatarios: Identificamos, no seu caso, con quen compartiremos os seus datos de forma lexítima.

Dereitos dos interesados: Informámoslle sobre os dereitos que lle asisten como interesado no tratamento dos seus datos de carácter persoal.

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Responsable do tratamento

XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.

NIF: A15674203

Enderezo: Rúa Ourense, 6, 15701 - Santiago de Compostela

Contacto DPD: dpd@xesgalicia.org

Finalidades

§ Formulario Contacto e atendémolo/a: atender a solicitude de información demandada a través do formulario de contacto.

§ Formulario Presenta o teu Proxecto: atender solicitudes presentadas no formulario sobre a proposta de inversión.

§ Formulario Suxestións e Queixas: atender a súas iniciativas, suxestións ou queixas en relación cos servizos de XesGalicia.

§ Cookies: manter as preferencias de configuración de cookies do usuario; estatísticas e mercadotecnia: para analizar o uso que se fai da nosa Páxina e utilizar sistemas anti-spam (captcha).

Lexitimación e conservación

A base para o tratamento dos datos é o consentimento prestado polo usuario ao cumprimentar o formulario/marcar a/s marca/s de aceptación/”enviar”.

Os campos do formulario de contacto marcados cun asterisco (*) teñen a consideración de campos necesarios para xestionar o obxecto deste. De non facilitalos, non será posible atender a súa solicitude.

Consulte a nosa Política de cookies para obter información sobre as cookies necesarias para o funcionamento da web.

§ Os datos conservaranse durante o tempo preciso para atender a súa consulta e non se solicite a súa supresión e sempre que non se solicite a súa supresión ou se retire o consentimento para o tratamento dos seus datos persoais.

§ Consulte a nosa Política de Cookies para identificar a vixencia de cada cookie.

Destinatarios de cesións e transferencias internacionais

§ Para xestionar os seus envíos ou consultas, está previsto comunicar os seus datos a organismos e autoridades de control rexionais ou locais (OMIC e similares).

§ Así mesmo, no caso de que teñamos que cumprir coas nosas obrigas legais, os seus datos poderán ser comunicados ás Autoridades Públicas competentes.

§ Responsable dos servizos de análise web: a páxina habilitou os servizos de Google Analytics proporcionados por Google LLC, unha entidade situada nos EE. UU. e adherida á Decisión de adecuación da Comisión do 10 de xullo de 2023, Marco de privacidade de datos UE-USA, que permite o fluxo de datos dos cidadáns europeos a EE.UU. A interacción cos usuarios mediante o uso desta ferramenta implica o uso de datos analíticos e técnicos en relación coa Páxina, sempre que aceptase a súa habilitación a través do panel de configuración.

Dereitos dos interesados

Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e a limitación ou oposición dirixíndose por escrito ás direccións anteriormente indicadas.

Os interesados teñen dereito a retirar o consentimento prestado. A retirada do consentimento non afectará á lexitimidade dos tratamentos realizados con anterioridade á súa retirada.

Os interesados teñen dereito a reclamar ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos: www.aepd.es).

 

Adóptanse as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.

A Páxina conta co Certificado SSL (Secure Socket Layer) co fin de garantir a seguridade na transmisión de datos entre o seu navegador e a nosa Páxina.

O servidor seguro establece unha conexión para que a información se transmita de forma encriptada, o que garante que só sexa intelixible para o dispositivo do usuario e o da Páxina. Deste xeito, o uso do protocolo SSL garante:

Que o usuario estea comunicando os seus datos ao centro servidor da Páxina e non a ningún outro.

Que entre o usuario e a Páxina os datos se transmitan encriptados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por parte de terceiros.

Para verificar que está nun ambiente seguro, pode:

Comprobar que o enderezo da páxina comeza por https://

Comprobar que na barra de enderezos do seu navegador aparece unha icona de bloqueo

Comprobar a presenza do certificado SSL comprobando as propiedades da Páxina no seu navegador, para o que debe consultar as súas características

O Usuario será o único responsable da veracidade dos datos facilitados a Xesgalicia.

Calquera cambio que se realice na Política de Privacidade e nas prácticas de xestión da información reflectirase de forma oportuna, podendo Xesgalicia engadir, modificar ou eliminar a dita política de privacidade cando o considere necesario.

En ningún caso Xesgalicia modificará as políticas ou prácticas para facelas menos eficaces na protección dos datos persoais dos nosos Usuarios previamente almacenados, sen o consentimento previo dos Usuarios afectados.