Lorenzana salienta a aposta da Xunta por que as pemes galegas incorporen a tecnoloxía aos seus procesos produtivos

luns, 10 Novembro, 2025 - 18:30
  • Subliña que o vindeiro ano o Igape vai destinar case 50 M€ a cinco programas de axuda neste ámbito

Sada (A Coruña), 10 de novembro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe de manifesto a aposta da Xunta porque as pequenas e medianas empresas de Galicia incorporen pouco a pouco a tecnoloxía aos seus procesos produtivos.

Lorenzana visitou hoxe en Sada (A Coruña) as instalacións da empresa tecnolóxica Trison, dedicada á dixitalización de espazos; unha compañía “ultramoderna”, con tecnoloxía “cen por cen galega”, dixo, que considerou un exemplo do liderado innovador e do talento que alberga o tecido empresarial galego.

Con 19 delegacións propias en 14 países, engadiu, é unha empresa “absolutamente internacionalizada”, cunha carteira media de 5.000 proxectos anuais; o máis recente, a pantalla vertical instalada na torre Entel de Santiago de Chile. Segundo apuntou, traballa ademais da man das marcas máis prestixiosas e en sectores que van desde o retail, con Inditex, ata a automoción, o transporte ou o fútbol.

Neste contexto, Lorenzana destacou que o próximo ano a Xunta vai destinar preto de 50 millóns de euros a cinco programas de apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para, por exemplo, fomentar unha oferta tecnolóxica propia de Galicia; atraer talento directivo ás empresas que axude a executar proxectos de innovación; e captar e consolidar aquelas iniciativas que se presentaron a convocatorias europeas ou nacionais que, superando os criterios técnicos de avaliación, non foron seleccionadas por esgotamento orzamentario.

Categoría: