mércores, 26 Agosto, 2026 - 15:30
- É a través dos acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata o 30 de setembro, e que constitúe unha das principais medidas da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda)
- A partir da fórmula da Compra Publica Precomercial o obxectivo é financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas
- Nigrán (Pontevedra), 26 de agosto de 2026
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que, a través dos acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata o 30 de setembro, a Xunta destina un investimento público de 40 millóns de euros para promover o desenvolvemento e a fabricación en Galicia de produtos e servizos nos sectores da defensa, a seguridade e o aeroespazo.
- Nunha visita ás instalacións da empresa Vig-Sec Drone, en Nigrán, Lorenzana explicou que se trata dunha das principais medidas que o Goberno galego está a desenvolver no marco da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) a partir da fórmula da Compra Publica Precomercial, coa que se van financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas, dixo.
- Cunha mobilización prevista de 900 millóns de euros, o obxectivo desta estratexia, apuntou, é potenciar o crecemento das empresas que xa operan nestes sectores e facilitar a incorporación daquelas outras que xa están traballando en tecnoloxías duais; é dicir, que poden ter aplicacións tanto de uso civil como para defensa e seguridade.
- Neste contexto, Lorenzana puxo en valor o traballo que desenvolve Vig-Sec Drone, especializada en servizos aeronáuticos, formación e desenvolvemento de software de xestión de espazo aéreo. Unha empresa que, lembrou, participou en aceleradoras como ViaGalicia, a BFAero e, tamén, na Aceleradora de Innovación en Defensa da OTAN.
Categoría:

