Lorenzana avoga por conectar a ciencia coa empresa e o investimento para impulsar a competitividade e o emprego cualificado

mércores, 11 Febreiro, 2026 - 18:15
  • “Esa conexión é esencial para reducir distancias, xerar confianza e acelerar a transferencia de coñecemento cara ao mercado. Sen ese diálogo, a innovación non chega; con el, convértese en resultados”, subliña
  • Asegura que o obxectivo da Xunta é “que máis proxectos científicos se convertan en empresas; que máis empresas incorporen tecnoloxía avanzada; e que Galicia siga avanzando cara a unha economía máis innovadora, máis produtiva e máis resiliente”
  • Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asegurou hoxe que cando a ciencia, a empresa e o investimento van da man, o retorno é claro: máis competitividade, máis emprego cualificado e máis futuro para Galicia.
  • “Esa conexión é esencial para reducir distancias, xerar confianza e acelerar a transferencia de coñecemento cara ao mercado. Sen ese diálogo, a innovación non chega; con el, convértese en resultados”, afirmou durante a súa intervención no III Encontro Investir en ciencia si é rendible, celebrada no CiTIUS, que puxo como exemplo do potencial que ten a investigación aplicada cando está orientada a resolver retos reais.
  • Neste contexto, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para crear unha contorna favorable ao investimento en innovación, apoiando a creación e o crecemento de empresas de base tecnolóxica, impulsando a colaboración público-privada e facilitando que o coñecemento xerado nos centros de investigación chegue á industria e ao mercado.
  • “A ciencia e a tecnoloxía son hoxe un factor determinante para que as empresas poidan diferenciarse, internacionalizarse e crecer de forma sostible”, dixo, para subliñar que o obxectivo da Xunta é “que máis proxectos científicos se convertan en empresas; que máis empresas incorporen tecnoloxía avanzada; e que Galicia siga avanzando cara a unha economía máis innovadora, máis produtiva e máis resiliente”.
Categoría: