XesGalicia

XesGalicia

XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.

XesGalicia é unha sociedade mercantil pública autonómica da Xunta de Galicia, adscrita á Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sendo os seus obxectivos apoiar o crecemento do tecido empresarial galego, impulsar o desenvolvemento e a consolidación económica e industrial de Galicia, así como fomentar o emprendemento e a innovación. Por iso, dende hai dúas décadas, XesGalicia xestiona diversas entidades de capital risco especializadas en función de cada tipoloxía de empresa ou proxecto.

Os factores que nos diferencian son o noso carácter público, a profesionalidade do noso equipo, o marcado foco das nosas políticas de investimento e a solidez institucional dos partícipes nas entidades de capital risco que xestionamos.

Con estes alicerces, e considerando o período 2022-2022, aprobamos novas operacións en favor de máis de 50 proxectos e por un volume agregado superior aos 35 millóns de euros, apoiando desta forma a actividade produtiva de empresas galegas. Así mesmo, cabe destacar que desde fai varios exercicios vimos participando activamente en varios programas de financiamento ao emprendemento, tanto de tipo vertical como horizontal, os cales obtiveron numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.

O financiamento ás novas iniciativas empresariais de recente creación volve ser, no curto prazo, un dos nosos grandes obxectivos, para o que ampliamos a nosa colaboración en novos programas de apoio ao emprendedor. Ademais, seguimos poñendo á disposición das empresas galegas, ou daquelas que desexen desenvolver unha actividade económica en Galicia, fondos especialmente orientados ao apoio á modernización do tecido produtivo a través da súa transformación dixital, á innovación ou á internacionalización, unha colaboración dirixida tanto a grandes corporacións empresariais como ás pemes.

Así mesmo, con respecto ás diferentes tipoloxías de operacións que podemos afrontar, contamos con produtos especialmente deseñados para o reforzo dos fondos propios das compañías, para facilitar o incremento do tamaño empresarial a través de operacións de fusións e adquisicións ou para facilitar a sucesión empresarial a través de diversas fórmulas, especialmente necesarias no caso das empresas familiares. En coherencia co anterior e no marco dos obxectivos de reactivación do tecido empresarial e da transformación e crecemento empresarial tras a crise da Covid-19, XesGalicia conta cunha liña de financiamento denominada “Liña de Transformación”, dotada con 30 millóns de euros.

Todo isto é posible grazas á principal fortaleza de XesGalicia, que non é outra que o seu equipo. Contamos con profesionais de primeiro nivel que aglutinan unha dilatada experiencia e un gran coñecemento no ámbito do apoio empresarial, e que contan ademais cunha visión transversal en múltiples sectores económicos, completando así o apoio que ofrecemos ás empresas en clave de financiamento.

Coa colaboración dos nosos partícipes, XesGalicia seguirá traballando nesta mesma liña para que o tecido empresarial galego gañe en dinamismo e competitividade.

 

Raquel Rodríguez Espiño

Directora xeral de XesGalicia

XesGalicia, Sociedade Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.

XesGalicia, a sociedade xestora de entidades de capital risco galega, financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas.

Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a través de diferentes e específicos Fondos e sociedades de capital risco.

Requisitos: O único requisito común no estudo de inversións é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores, se ben existen requisitos adicionais para cada entidade xestionada asociados á súa estratexia inversora particular.

Presenta tu proyecto

Ponte en contacto con nuestro equipo y preséntanos tu proyecto, enviando un correo electrónico a la dirección inversiones@xesgalicia.org, describiendo brevemente tu proyecto e incluyendo la información que consideres (en formato .pdf, y con un tamaño máximo de 5 megas).

Especifica tu sector de actividad, la sede social de tu empresa, en qué fase se encuentra tú empresa (seed, early stage, expansión…) y cuales son los ejes principales de tu plan de negocio.

Información básica Protección de Datos

Xesgalicia tratará sus datos personales con la finalidad de atender las solicitudes presentadas en el formulario sobre su propuesta de inversión. Puede ejercer los derechos establecidos en los artículos 15 a 22 del Reglamento (UE) 2016/679 en las direcciones que encontrará en la información adicional. Más información en nuestra Política de Privacidad.

50 Aniversario

Sodiga Galicia acada os 50 anos de historia

Na actualidade, o capital social de Galicia Sodiga concéntrase nun 76% en mans da Xunta de Galicia. 

Desta forma, Sodiga Galicia forma parte do conxunto de instrumentos dispoñibles en Galicia para o apoio de iniciativas empresarias, tales como o Instituto Galego de Promoción Económica, a Axencia Galega de Innovación ou XesGalicia (entidade que xestiona os activos de Sodiga Galicia desde el año 1999).

Na presente sección, e con motivo do 50 aniversario, ponse á disposición de todas e todos as memorias económicas de Sodiga Galicia do século XX, desde a súa constitución e ata a creación de Xesgalicia no ano 1999.