Lorenzana aborda con Binarial posibles proxectos innovadores para situar Galicia á vangarda da tecnoloxía

Wednesday, February 4, 2026 - 16:00
  • Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou o potencial de Galicia para situarse á vangarda da tecnoloxía e a innovación. Con este obxectivo, dixo, o seu departamento fixo da innovación empresarial un dos eixos centrais de acción con 47 millóns de euros en axudas dentro do orzamento do Igape para 2026 que xa están abertas a solicitudes.
  • Lorenzana reuniuse estes días con directivos de Binarial, empresa innovadora de base tecnolóxica e capital 100 % galego dedicada ao desenvolvemento de robótica propia, solucións de automatización e aplicacións de intelixencia artificial de uso industrial. A firma, con sede no Milladoiro (Ames, A Coruña), foi unha das beneficiarias da liña de axudas a startups do Igape nos últimos dous anos.
Category: