Accesibilidade

W3C WAI-AA WCAG 1.0

Os sitios web das administracións públicas teñen deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2004. Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC (Accesibilidade Web) actualmente vixente en España.

Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2, adecuación de nivel Dobre A, definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 1.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do Consorcio World Wide Web (W3C).

XesGalicia ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Por iso, deseñouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade, para o cal se realizan revisións previas a cada publicación de novos contidos. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora.

Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco.