Finaliza o prazo de inscrición do BFA con 22 proxectos presentados

Friday, November 4, 2016 - 14:00
  • O pasado venres finalizou o prazo de inscrición para participar na primeira convocatoria do Business Factory Auto (BFA) cun total de 22 proxectos empresariais presentados nas catro categorías posibles

O pasado venres 28 de outubro finalizou o prazo de inscrición para participar na primeira convocatoria do Business Factory Auto (BFA) cun total de 22 proxectos empresariais presentados das catro categorías posibles (spin out, spin off, startups e several companies spin outs).

Desde o equipo xestor do BFA consideran que estes resultados son moi positivos para a industria galega, especialmente porque se trata da primeira convocatoria destinada específicamente a novos proxectos de automoción.

Nestes momentos os proxectos están a ser avaliados por un comité integrado por membros de CEAGA, o Grupo PSA, a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, que anunciarán as iniciativas seleccionadas a finais deste mes.

O obxectivo do Business Factory Auto é identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.

Acto BFA
Category: