Xesgalicia, conforme á lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, pon en coñecemento dos usuarios da páxina web http://www.xesgalicia.gal (en diante, a Páxina) a Política de Privacidade e Protección de Datos que aplicará no tratamento dos datos persoais que o Usuario facilite voluntariamente ao acceder á súa web.
O Usuario, ao proporcionarlle a Xesgalicia os seus datos de carácter persoal a través dos formularios electrónicos da Web, apartado de contacto, presentación de proxectos e Suxestións e queixas e, no seu caso, a través da marcación da correspondente marca de aceptación/enviar, consinte expresamente que Xesgalicia poida tratar eses datos nos termos desta cláusula de Política de Privacidade e Protección de Datos e para os fins aquí expresados.
Xesgalicia pon en coñecemento dos usuarios da Páxina, que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveran. Serán suprimidos cando deixaran de ser necesarios ou pertinentes para a devandita finalidade ou cando o solicite o titular no exercicio do seu dereito de supresión.
Xesgalicia manifesta o seu compromiso de cumprir coa lexislación vixente en cada momento en materia de protección de datos.
Os datos persoais facilitados serán tratados por Xesgalicia e usaranse de acordo coa seguinte información.
Que datos de carácter persoal recollemos e para que os usamos?
- Datos recollidos de xeito directo: nome, apelidos e enderezo electrónico.
- Datos recollidos de xeito indirecto mediante o uso de cookies: para estatísticas, para analizar o uso que se realiza da nosa Páxina e facilitar servizos de valor engadido como o mapa da localización das nosas oficinas.
Na táboa que lle amosamos a continuación encontrará información máis detallada sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal, incluíndose os seguintes epígrafes:
- Finalidades principais: Identifícase con que finalidade precisamos recoller os seus datos, é dicir, porqué tratamos a súa información.
- Lexitimación: Detállase o motivo que nos habilita para poder tratar os seus datos.
- Prazos de conservación: Identifícase o prazo concreto de conservación ou os criterios que determinan dito periodo.
- Destinatarios: Identificamos, no seu caso, con quen compartiremos os seus datos de forma lexítima.
- Dereitos dos interesados: Informámoslle sobre os dereitos que lle asisten como interesado no tratamento dos seus datos de carácter persoal.
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL |
|
Responsable do tratamento |
XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. NIF: A15674203 Enderezo: Rúa Ourense, 6, 15701 - Santiago de Compostela Contacto DPD: dpd@xesgalicia.org |
Finalidades |
§ Formulario Contacto e atendémolo/a: atender a solicitude de información demandada a través do formulario de contacto. § Formulario Presenta o teu Proxecto: atender solicitudes presentadas no formulario sobre a proposta de inversión. § Formulario Suxestións e Queixas: atender a súas iniciativas, suxestións ou queixas en relación cos servizos de XesGalicia. § Cookies: estatísticas, para analizar o uso que se realiza da nosa Páxina e facilitar servizos de valor engadido como o mapa da localización das nosas oficinas. |
Lexitimación e conservación |
A base para o tratamento dos datos é o consentimento prestado polo usuario ao cumprimentar o formulario/marcar a/s marca/s de aceptación/”enviar”. |
Os campos do formulario de contacto marcados cun asterisco (*) teñen a consideración de campos necesarios para xestionar o obxecto deste. De non facilitalos, non será posible atender a súa solicitude. Consulte a nosa política de cookies para obter información sobre as cookies necesarias para o funcionamento da web. |
|
§ Os datos conservaranse durante o tempo preciso para atender a súa consulta e non se solicite a súa supresión. § Consulte a nosa Política de Cookies para identificar a vixencia de cada cookie. |
|
Destinatarios de cesións e transferencias internacionais |
§ Responsables de servicios de analítica web: a Páxina ten habilitados os servizos de Google Analytics prestados por Google LLC. A interacción cos usuarios polo uso de dita ferramenta implica a transferencia internacional de datos, de tipo analítico e técnico en relación coa Páxina. § No caso de suxestións ou queixas a Organismos e Autoridades autonómicas ou locais de control (OMIC e similares). |
Dereitos dos interesados |
Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e a limitación ou oposición dirixíndose por escrito ás direccións anteriormente indicadas. |
Os interesados teñen dereito a retirar o consentimento prestado. |
|
Os interesados teñen dereito a reclamar ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos: www.aepd.es). |
O Usuario será o único responsable da veracidade dos datos facilitados a Xesgalicia.
Calquera cambio realizado na Política de Privacidade e nas prácticas de administración da información reflexarase de xeito oportuno, podendo Xesgalicia agregar, modificar ou eliminar dita política de privacidade cando o estime necesario.
En ningún caso Xesgalicia modificará as políticas nin prácticas para facelas menos eficaces na protección dos datos persoais dos nosos usuarios almacenados anteriormente, sen o consentimento previo dos Usuarios afectados.